Publicado por: F.G. Ciclismo
Moito barro e unha importante participación estranxeira foron a nota destacada da apertura da Copa de España de ciclocrós celebrou unha dobre cita no País Vasco coas probas de Llodio e Elorrio. Nestas dúas xornadas foi a master 40 Isabel Castro (Condado) a galega máis destacada ao sumar dúas vitorias e vestir a camisola de líder na súa categoría.
Iván Feijoo (Maceda) completou unha gran carreira en Llodio ao finalizar 12º absoluto, sendo segundo sub 23 detrás do francés Antoine Benoist. En Elorrio acusaba algo o cansazo e finalizaba o 19º absoluto, sendo sétimo Sub23.
Irene Trabazo (Marín) consolídase no top cinco das sub23 e en Elorrio logrou un meritorio 7º posto absoluto e 2º sub 23. Tamén en mulleres, Noela Saa (Maceda) era terceira júnior o sábado, nunha gran carreira con vitoria francesa. Andrea García (Maceda) era cuarta e en Elorrio repetía, con Noela Saa sexta.
En cadetes, outra gran carreira dos galegos en Llodio con Miguel Rodríguez (Ponteareas) segundo na meta con Zoe del Río (Marín) terceiro e Martín González, quinto. En Elorrio quedaban fóra de podio pero con Del Río, cuarto; Rodríguez, quinto e González sexto. Entre as mulleres, dobre podio para Laura Capa (Marín) cun brillante segundo posto en Llodio e terceira praza en Elorrio. Outra galega nesta categoría: Zaida Vila (Coruxo) obtivo dúas esplédidos sextos postos.
O próximo 11 de novembro terá lugar en Karrantza a terceira cita dunha Copa de España que finalizará o 16 de decembro no XXIII Ciclocrós Internacional Cidade de Valencia.
RESULTADOS DOS GALEGOS
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
LLODIO |
ELORRIO |
ELITE *SUB23 |
Iván Feijoo * |
Maceda |
12º (2º *) |
19º (7º *) |
Adrián Barros * |
Ponteareas |
29º |
27º (12º*) |
|
Pablo Álvarez * |
Cambre |
DNF |
37º (17º *) |
|
Álvaro Rey |
Cambre |
66º |
62º |
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
LLODIO |
ELORRIO |
ELITE F *SUB23 |
Irene Trabazo * |
Marín |
11ª (4ª *) |
7ª (2ª *) |
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
LLODIO |
ELORRIO |
JR |
Jorge Fernández |
Ponteareas |
36º |
31º |
Marco Nube |
Maceda |
33º |
22º |
|
Aaron Rodríguez |
Cambre |
56º |
52º |
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
LLODIO |
ELORRIO |
JR F |
Noela Saa |
Maceda |
3ª |
6ª |
Andrea García |
Maceda |
4ª |
4ª |
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
LLODIO |
ELORRIO |
CD |
Miguel Rodríguez |
Ponteareas |
2º |
5º |
Zoe del Río |
Marín |
3º |
4º |
|
Martín González |
Maceda |
6º |
6º |
|
Fabián Rodríguez |
Caimanes |
9º |
11º |
|
Ricardo M. Buba |
Coruxo |
11º |
18º |
|
Anxo Carril |
Coruxo |
13º |
34º |
|
Pablo Rodríguez |
Coruxo |
27º |
27º |
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
LLODIO |
ELORRIO |
CD F |
Laura Capa |
Marín |
3ª |
2ª |
Zaira Vila |
Coruxo |
6ª |
6ª |
|
Marta García |
Cambre |
15ª |
22ª |
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
LLODIO |
ELORRIO |
M3 |
Oscar Vázquez |
OVC Bikes |
8º |
11º |
Alejandro Mesias |
Quintena |
12º |
|
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
LLODIO |
ELORRIO |
M4 F |
Isabel Castro |
Condado |
1º |
1ª |
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
LLODIO |
ELORRIO |
M4 |
Guillermo Álvarez |
Condado |
17º |
14º |
José Carlos Maceira |
Macebike |
27º |
23º |
|
Luis Corral |
Caimanes |
53º |
52º |
|
Javier Casanova |
Cambre |
60º |
47º |
|
Antonio Rodríguez |
Cambre |
71º |
76º |
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
LLODIO |
ELORRIO |
M5 |
Javier Lago |
Spol |
11º |
8º |
Antonio Saa |
Maceda |
24º |
|
|
Marcelino Fernández |
Gráficas Lar |
31º |
24º |
Enlace con la noticia original: Gran actuación galega na apertura da Copa de España de Ciclocrós