O XCO toma este sábado A Cañiza coa terceira xornada do Trofeo Federación

Publicado por: F.G. Ciclismo

 Un novo concello sumarase este sábado ao calendario de Cross Country Olímpico (XCO) galego. Trátase do municipio pontevedrés da Cañiza, onde a Grupetta Pan de Zarko organiza a primeira edición do seu trofeo. Os bikers competirán por estrear o palmarés desta proba e polos puntos que se repartirán para o Trofeo Federación.

A terceira xornada deste certame autonómico porase en marcha ás 16:30 horas coa primeira das súas dúas quendas de saídas. O campo de fútbol de Augas Férreas será o epicentro do Trofeo Grupetta Pan de Zarko – Concello da Cañiza, un evento apadriñado por Óscar Pereiro, gañador do Tour de Francia 2006.

Despois das dúas primeiras xornadas do Trofeo Federación os rankings están liderados por Jorge Punzón (Prebentong) e Nuria Senra (Eskornabois) en elites, Raúl González (Academia Postal – Actyon – MMR) nos sub23, Laura Capa (Farto) e Xoel Montes (AD Avanza) en cadetes, Alba Arias (Arteixo MB3) e Roi López (Compostelano) en juniors, Juan José Chapela (Máster Morrazo) nos masters-30, Alejandro Trasbach (Racing Cycling) nos masters-40 e Manuel Castro (Barbanzabike) nos masters-50/60.

Transgalaica en Sabucedo

Sen saír da provincia de Pontevedra, ao día seguinte Sabucedo (A Estrada) acollerá a Rapa das Bestas – Transgalaica, terceira e penúltima cita deste circuíto de Cross Country Maratón (XCM). Ás 09:30 horas darase o pistoletazo inicial aos 58 kilómetros do percorrido deseñado pola Peña Ciclista Bikestrada.


Enlace con la noticia original: O XCO toma este sábado A Cañiza coa terceira xornada do Trofeo Federación

Mas noticias relacionadas