I Mini DH urbano en Mondariz

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

O sábado 13 de Abril celebrarase no concello pontevedrés de Mondariz a primeira proba deste ano de Mini DH. Trátase dun evento urbano, no que os nenos e nenas gozarán dunha serie de obstáculos feitos para a ocasión.

Esta cita é a primera das sete que compoñen o calendario de Mini DH deste ano. Isto é debido a aposta de sete clubes para potenciar a modalidade de ciclismo de descenso dende a base.

Un deles foi o Club Ciclista Ponteareas, que non dubidou un momento en organizar unha das probas e púxose en contacto co Concello de Mondariz. Para a infraestructura do evento contará coa axuda de Sportskids, empresa organizadora de eventos deportivos para os mais pequenos.

A proba é realizada por parte do Concello de Mondariz en homenaxe a Borja Gomez Mendez, ciclista do Ponteareas con Síndrome de Down, sendo a familia paterna natural de Mondariz, onde sinten gran aprecio e orgullo pola superación e integración que Borja demostra cada dia.

Esta xornada está calendada na Federación Galega de Ciclismo, polo que participarán clubes ciclistas de toda Galicia, pero tamén pode participar calquer neno ou nena que o desexe. Para iso so é necesario ter entre 4 e 14 anos de idade. A súa disposición terán varias proteccions necesarias, as cales foron doadas por corredores de toda a comunidade para os nenos e nenas que se anoten a este Mini DH e carezan de proteccions propias.

Tamén acudirá a Mondariz a Fundación Dani Rivas, piloto de motociclismo de Moaña, o cal faleceu no ano 2015 nun accidente en Laguna Seca.


Enlace con la noticia original: I Mini DH urbano en Mondariz

Mas noticias relacionadas