Irene Trabazo, 24ª no Mundial de Dübendorf

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

O ciclocrós galego contou con representación nas dúas xornadas do Mundial celebrado durante esta fin de semana no circuíto suízo de Dübendorf. Este domingo Irene Trabazo obtivo a 24ª posición na carreira sub-23. A marinense foi a segunda mellor clasificada do cuarteto que presentou a selección española. 

A chuvia acompañou ás corredoras e aumentou a esixencia do trazado helvéltico. A posición de Trabazo apenas variou dende a primeira volta e mellorou o 32º posto obtido o ano pasado en Dinamarca. Nesta ocasión cruzou a liña de meta a 10:20 da gañadora Marion Norbert (Francia) e a 4:24 de Sofía Rodríguez, vixente campioa de España. 

Máis información 


Enlace con la noticia original: Irene Trabazo, 24ª no Mundial de Dübendorf

Mas noticias relacionadas