Juan Carlos Muñiz reelexido presidente da FGC

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Juan Carlos Muñiz foi reelixido por segundo mandato consecutivo como presidente da Federación Galega de Ciclismo na Asamblea celebrada o pasado día 15 en Santiago. Muñiz foi o único aspirante que presentara a súa candidatura ao cargo polo que o seu nomeamento era un feito a expensas de cumprir os prazos legais establecidos para resolver o proceso electoral e por iso non necesitou someterse a votación na Asemblea Xeral.

O novo presidente tomou a palabra para referirse aos asembleístas enumerando algunhas das bases do seu proxecto para os catro próximos anos entre os que destacou o seu empeño en “superar a débeda económica que arrastra a Federación, a necesidade dun ciclismo máis seguro, apoiar aos clubs e promocionar todas as disciplinas co compromiso de traballo, traballo e traballo.”

Na votación para a formación da Comisión Delegada, José Luis Padín polo estamento arbitral e Esteban Lorenzo polo de deportistas, tampouco necesitaron someterse ao escrutinio da Asemblea ao ser os únicos que se presentaron. Desta maneira, a nova directiva da Federación Galega de Ciclismo quedou composta por Juan Carlos Muñiz como presidente e na comisión delegada os clubes Vigués, Ourensán, Ponteareas, Bici Verde, Corbelo; José Luis Padín polos árbitros, Luís Fernández Oliveira polos técnico e Esteban Lorenzo e Ramón Troncoso polos deportistas.


Enlace con la noticia original: Juan Carlos Muñiz reelexido presidente da FGC

Mas noticias relacionadas