Lara Lois e Javier Busto vestíronse de líderes na apertura do Open de España de BTT Ultramaratón

Publicado por: F.G. Ciclismo

Por partida dobre os corredores do Extol-La Gramola Team triunfaron no arranque do Open de España de BTT Ultramaratón. Lara Lois venceu na categoría feminina e Javier Busto fixo o propio entre os masters-30 na Titán de los Ríos celebrada na localidade extremeña de Miajadas. 

Nos 133 quilómetros de percorrido, con máis de 2.300 metros de desnivel, Lois dominou con autoridade na proba feminina. A elite grovense marcou un rexistro de 7:01:40, superando en 1 hora 6 minutos e 9 segundos á segunda clasificada Remedios Jurado (Rock Garden).

O Extol-La Gramola Team estivo a piques de asinar o dobrete absoluto. Busto rematou segundo na competición masculina, a 2:45 do gañador, o elite Dani Carreño (Extremadura-Ecopilas). O crono de 5:38:41 outorgoulle ao lalinense unha clara vitoria nos masters-30, avantaxando en 22:30 a Raúl Sánchez (Fernando Torres Probikes).

A seguinte cita puntuable deste Open de España será o vindeiro 7 de abril a Jamón Bike en Calamocha (Teruel).

Clasificacións 


Enlace con la noticia original: Lara Lois e Javier Busto vestíronse de líderes na apertura do Open de España de BTT Ultramaratón

Mas noticias relacionadas