Martín Rey vence en Carballo e Alexandre García continúa líder da Copa Galicia Cadete

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A segunda proba puntuable da Copa Galicia Cadete de estrada resolveuse cun ataque en solitario. Martín Rey (Aluminios Cortizo) impúxose o pasado sábado no Trofeo Concello de Carballo con 34 segundos de vantaxe sobre o pelotón. Ao fronte do gran grupo entrou Alexandre García (Redondela Il Piccolo), que conserva o liderado conquistado en Boiro. 

A galopada de Rey tamén lle outorgou o triunfo nas Metas Volantes. O gañador do percorrido deseñado polo Club Ciclista Carballo completou os 48 quilómetros cun tempo de 1 hora 21 minutos e 6 segundos. O botín para o seu equipo aumentouno Breogán Diz finalizando terceiro, xusto por detrás de García no esprint pelotón composto por 25 unidades.

A súa punta de velocidade permítelle a García manterse na primeira posición da xeral. A clasificación da Copa Galicia decidirase o 8 de xuño no Gran Premio de San Roque en Viveiro. 

 

Foto: La Voz de Galicia 

Documentos: 

Enlace con la noticia original: Martín Rey vence en Carballo e Alexandre García continúa líder da Copa Galicia Cadete

Mas noticias relacionadas