Mila López e Iván Manoel Montero brillan na Extremadura European Paracycling Cup

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Vestindo as cores do C.C. Riazor dous paraciclistas galegos acumularon éxitos na Extremadura European Paracycling Cup, evento de categoría C1 do calendario da Unión Ciclista Internacional (UCI). Mila López sumou dous triunfos na categoría WH4 e Iván Manoel Montero rematou dúas veces segundo nesta competición internacional celebrada a pasada fin de semana en Cáceres. 

O sábado disputouse a proba en ruta nun circuíto de 11,6 quilómetros, mentres que o domingo o trazado da contrarreloxo individual tiña unha lonxitude de 10,2 quilómetros. 

O calendario do ciclismo adaptado ten unha nova cita esta fin de semana coa segunda xornada puntuable da Copa de España. O escenario será Cuevas de Almanzora (Ciudad Real).


Enlace con la noticia original: Mila López e Iván Manoel Montero brillan na Extremadura European Paracycling Cup

Mas noticias relacionadas