Monforte vive a segunda victoria do Rías Baixas e coroa a Sergio Vega (Froiz) como gañador da 17 Volta a Galicia

Publicado por: F.G. Ciclismo

A esixencia da última etapa da Volta Ciclista a Galicia celebrada na localidade lucense de Monforte de Lemos non foi suficiente para poñer en risco o triunfo na rolda galega do ciclista do Froiz, Sergio Vega. O vixente Campión de España permitiuse o luxo de defender a camisola amarela “Xunta de Galicia” sumándose aos intentos de fuga que se produciron na xornada. Co seu triunfo, o ciclista cántabro completa un palmarés no 2018 con Volta a Coruña, Volta a Galicia, Campionato de España elite e noveno absoluto no nacional.

A combatividade de José “ Chava” Angulo (Rías Baixas) e De Mateos (Cortizo Anova) foi a principal oposición a un líder que contou en todo momento coa axuda do resto da formación do Froiz que en ningún momento perdeu o control de carreira.

Os multiples ataques nunha xornada complicada para defender o liderato acabaron cunha chegada masiva á liña de meta de Monforte con triunfo de etapa para Fran Zurita (Rías Baixas) que lograba así a segunda vitoria parcial para a formación miñorana. que completou unha brilante Volta. Zhigunov (Lizarte) e Roupeiro (Fundación Contador) acompañaron ao catalán do conxunto de Nigrán no podio.

O equipo Froiz que dirixe Evaristo Portela, ademáis de ser a mellor formación despois de catro xornadas, acaparou tamén o podio final cunha historica vitoria na xeral para Sergio Vega acompañado por Martin Lestido e Iván Martínez, todo un triplete. Lestido tamén vestiuse a camisola azul “ Norinver” de primeiro galego mentres Samuel Branco (Cortizo Anova) logrou o maillot de puntos vermellos “Anova” de mellor escalador. Jorge Montenegro, tamen do cadro padronés, rematou coa camisola verde “Compostela Motor” de líder das metas volantes. Iñigo Elosegui do Lizarte foi a camisola branca “ B the Travel” de mellor sub23 dunha Volta a Galicia coa que ponse o punto e final á tempada de carreiras amateur por etapas en España.

Foto©ANA PORTELA


Enlace con la noticia original: Monforte vive a segunda victoria do Rías Baixas e coroa a Sergio Vega (Froiz) como gañador da 17 Volta a Galicia

Mas noticias relacionadas