Publicado por: F.G. Ciclismo
A primeira Copa Galicia que se pon en marcha neste 2018 é a de Cross Country Maratón (XCM). Este domingo, día 11 de febreiro, disputarase a Transheroica, a súa primeira proba puntuable.
A cita organizada polo Chantadino C.C. no concello do Saviñao dá o pistoletazo de saída a un certame que constará dun evento máis que o ano pasado. En total, serán cinco carreiras:
11/02/2018 TRANSHEROICA BTT 2018 CHANTADINO C.C.
18/03/2018 VIVEIRO BIKE XTREME GRAFICAS LAR P.C.
29/04/2018 MARATON ESTACIONES VIVAS – BAÑOS DE MOLGAS ORENSANO, C.C.
06/05/2018 VIII RUTA BTT REI CINTOLO 7 VOLTAS C.C.
24/06/2018 OPEN DE VALDEORRAS BTT TRES LUNAS QUEREÑO, C.D.
No 2017 os gañadores dos rankings finais foron Brandan Márquez nos elites, Rubén Atrio nos masters-30, Francisco Xavier López nos masters-40, José Manuel Pérez nos masters-50/60 e Teresa Barreira entre as mulleres. O Castropol Deporte CBS adxudicouse o título por equipos.
Enlace con la noticia original: A Copa Galicia BTT Maratón constará de cinco citas e comeza este domingo coa Transheroica