NOREÑA (BAIRRADA) LIDERA A VI VOLTA DO ALBARIÑO

Publicado por: F.G. Ciclismo

O portugués Daniel Noreña ( Bairrada) foi o mellor do día entre o centenar de ciclistas de categoría junior e sub 20 que disputan a VI Ruta do Albariño Memorial Modesto Sánchez Alba. Noreña aproveitou a súa vitoria na crono para obter unha renda que ningún dos seus rivais puido recortar na etapa en liña.

 

A primeira das dúas xornadas desta Ruta do Albariño constou de dous sectores: unha cronoescalada en sesión matinal de tres quilómetros entre Meaño e o Alto do Busto que encumbraron ao portugués como primeiro líder ao impoñerse cun tempo de 09:31 minutos. Noreña superou aos seus compatriotas do equipo Seissa: Gonçalves e Carvalho, e ao tamén portugués Daniel Dias ( Maia) que foi cuarto.

 

O mellor dos galegos no ascenso foi o porriñés do Cidade de Lugo, Jorge Suarez que foi quinto a 29 segundos do líder.

Suarez soubo poñer a proba a fortaleza de Noreña no segundo sector do día. Foron 63 kilometros dunha etapa en liña con saída e chegada en Meaño e un longo paso pola peninsula do Grove. Aínda que os intentos de romper a harmonía no pelotón sucedéronse, ningunha escapada chegou a superar o minuto de diferenza. A consistencia da formación do líder controlando en todo momento a carreira se vió beneficiada polo vento favorable ao paso por San Vicente do Mar e A Lanzada, zonas nas que o vento lateral pode provocar fracturas no grupo.

 

Pero nin esas circunstancias nin o ascenso ao Monte Bouza, a única cota de terceira do día a 16 quilómetros de meta puideron evitar unha chegada masiva á liña de meta con vitoria esteril de Suarez en canto a tempos na xeral ao cruzou a linea secundado polo líder .

 

Cambados acolle a segunda etapa con 92 quilómetros de distancia no tradicional e esixente circuíto entre a vila cambadesa e Ribadumia con catro ascensos ao alto de Padrenda.

 

1º Sector (CRI Meaño- Alto do Busto)

Gañador: Daniel Noreña (Barriada -POR)

2º Sector (Meaño – Meaño, 63 km)

Gañador: Jorge Suarez (Cidade de Lugo)

 

CLASIFICACIÓN XERAL

1º Daniel Noreña (Barriada -POR)

2º Helder Gonçalves (Seissa -POR)

3º Joao Carvalho (Seissa -POR)

CLASIFICACIÓN GALEGOS

1º Jorge Suarez (Cidade de Lugo)

CLASIFICACION MONTAÑA

1º Daniel Noreña (Barriada -POR)

CLASIFICACION METAS VOLANTES

1ºRodrígo Caixas (Bairrada -POR)

CLASIFICACION EQUIPOS

1º Seissa (Portugal)


Enlace con la noticia original: NOREÑA (BAIRRADA) LIDERA A VI VOLTA DO ALBARIÑO

Mas noticias relacionadas