Publicado por: F.G. Ciclismo
Este sábado, día 17 de marzo, dezaoito juniors galegos rodarán polas estradas do sur da provincia de Pontevedra convocados pola Federación Galega de Ciclismo (FGC). Esta sesión de toma de contacto de cara o calendario deste 2018 e de axuste á Selección de Galicia, tamén pretende valorar o estado da preparación de cada corredor.
Os ciclistas citados polo seleccionador Guillermo Sande reuniranse ás 10:30 horas no Porriño e dende alí arrancará un adestramento que transitará polas estradas dos concellos das Neves, Arbo, A Cañiza, Covelo e Ponteareas.
Os convocados son:
EQUIPO CORREDOR
AVANZA ÓSCAR FERNANDEZ PAZ
BEMBIBRE MIGUEL CERVIÑO PASTORIZA
BEMBIBRE IVAN DIAS FERNANDEZ
CAMBRE DANIEL SANÍN SÁNCHEZ
CAMBRE BRAIS GARCÍA ROMERO
CAMBRE ADRIAN BORONAT CAROU
CAMBRE OUSSSAMA BECHELAGGHEM
CAMBRE MANUEL SAMPEDRO GARCÍA
CARBALLO MARTÍN SOUTULLO TRIGO
CARBALLO ALEJANDRO ROMERO FANTÁNS
CIDADE DE LUGO JORGE SUÁREZ FERNÁNDEZ
OSCAR PEREIRO ROI DOMÍNGUEZ GARCIA
OSCAR PEREIRO CÉSAR PICO FERREIROS
OSCAR PEREIRO BORJA LORENZO PEREIRO
OSCAR PEREIRO YAGO LORENZO PEREIRA
FARTO SIMÓN SENRA CAMPOS
FARTO XIAN BARROS CASTRO
FARTO ÓSCAR MARTÍNEZ SOLLA
Neste adestramento non poderán participar os corredores do Cortizo-Anova e do Ponteareas por atoparse competindo en Portugal. Moita sorte a ambos equipos esta fin de semana no país veciño.
Enlace con la noticia original: Adestramento dos juniors galegos organizado pola FGC