Carla Fernández rematou cuarta na xeral final júnior da Copa de España Féminas Cofidis

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A Copa de España Féminas Cofidis concluíu o pasado sábado en Villasana de Mena (Burgos). A galega Carla Fernández (Río Miera-Meruelo) chegaba metida de cheo na loita polo podio final júnior, pero a decimosexta praza asinada na sétima e última cita deste certame non lle permitiu escalar ningún posto na clasificación xeral.

A viguesa rematou os 72,5 quilómetros do Gran Premio Muniadona pechando un grupo de oito unidades que cruzou a liña de meta a 2:01 da gañadora Inés Cantera (Moreaga). 

O ranking definitivo da Copa de España liderouno Idoia Eraso (Nafarroa) con 273 puntos, segunda foi Cantera con 264 e terceira Julia Sánchez (Turnkey) con 226. A cuarta praza ocupouna Fernández, igualada a 212 con Ania Horcajada (Madrid Team).

 

Máis información

Foto: Jordi Burdoy 


Enlace con la noticia original: Carla Fernández rematou cuarta na xeral final júnior da Copa de España Féminas Cofidis

Mas noticias relacionadas