Brillante estrea de Monte Xalo como organizador do I CX de Carral

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A Peña Ciclista Monte Xalo debutou como organizadora dunha cita do calendario galego de ciclocrós e fíxoo con nota alta a dicir dos participantes. Os 2,4 quilómetros de circuíto expostos polos organizadores na parroquia carralesa de San Vicente de Vigo resultaron un auténtico espectáculo para os máis de trescentos ciclistas que tomaron parte na carreira. A maioría do trazado discorreu sobre zonas de prado nunha imaxe ao máis puro estilo asturiano e á que se uniu un día frío pero asollado que fixo máis levadía a alta esixencia técnica do circuíto.

Adrián Barros (Ponteareas) volveu mostrarse intratable ante os seus rivais, beneficiado ademais coa ausencia en Carral de Iván Feijoo (Maceda) e Samuel González (Kiwi Atlántico). O vigués foise en solitario desde os primeiros compases e volta a volta foi cobrando vantaxes ás que só Pablo Álvarez (Caeiro) podía poñer en apertos. A súa carreira, a última do día, tampouco atopou rivais directos na categoría de elites facendo máis cómoda a súa vitoria.

Tras Barros e Álvarez cruzaron a meta Jorge Punzón quen se estreou con triunfo esta tempada despois de moitas subidas ao podio pero non todo o máis alto. O seu principal rival, Adrián Valverde (Rías Baixas) non dubidou en felicitar ao porriñés do Prebetong pola súa vitoria. Aser Estevez (Cortizo) concluíu como terceiro elite tras ir superando polo camiño aos combativos Otero (Compostelán), López (Maceda) ou Ucha ( Maia), entre outros. David Rodríguez (In situ) volveu subir ao podio sub23 na terceira praza, tal como fixese na proba de Ferrol.

En canto ás mulleres, a ciclista de Cambre, Mª José López retomou a senda das vitorias e ante o apoio dos seus seguidores cobrouse cumprida desquite de Lucia Vázquez ( Prorebordosa) que foi segunda nunha xornada na que lle paso factura o esfuerzod o día anterior en Dumbria. Mª Jesús Barros (Spol) circulou sen maior oposición na terceira praza que ao cabo sería o seu resultado. Sen a marinense Irene Trabazo disputando o calendario galego, Zaida González (Roseira) é a referencia na categoría sub23. En Carral volveu gañar fronte á nova Marta Vila ( Xtrembike) que segue o proceso de recuperación da súa lesión de boneca que a tivo case un ano afastada da competición.

Neste pelotón da última manga disputada en Monte Xalo, tamén formaban os ciclistas junior. En categoría masculina a vitoria foi para Jorge Fernández (Ponteareas) que alcanzou a meta con máis de tres minutos de vantaxe sobre os seus rivais Xoel Montes (Avanza), segundo clasificado e Aaron Rodríguez (Esmelle), terceiro. Pola súa banda, as dúas junior de Maceda, Andrea García e Noela Saa, volveron copar as dúas primeiras prazas aínda que o fixesen alternando os postos da xornada previa con vitoria para a primeira fronte á Segunda, á inversa do podio do día anterior en Dumbria. Unha vez máis, Alba Méndez (Caeiro) lograba a terceira praza.

A primeira saída da xornada presentou o duelo entre o líder da Copa Galicia, o portugués Antonio Sousa (Bifase) e o vixente campión de Galicia, Marcial Rodríguez ( Quebici Marcisport). Pese ao empuxe inicial do galego, Sousa remontou a falta de dúas voltas impoñéndose con autoridade e mostrando o nivel co que afrontará en poucos días a súa participación no Campionato do Mundo. O porriñés Javier Lago completou o podio tras Rodríguez nunha boa carreira para o do Spol.

Tamén en master 40 viviuse con intensidade o man a man entre Alejandro Trasbach (Racing) e Manuel Armada ( AGC) con Xacob Agra ( Louriña) disposto a plantar cara ata o final. Desta confrontación saíu vencedor o de Boiro. Agra foi segundo e Armada terceiro.

A segunda manga arrincou coa grella de master 30. O líder da Copa Galicia, Andrés Calvete (Monte Xalo) saíu co obxectivo de conseguir a vitoria para un corredor “da casa” e logrouno imprimindo un alto ritmo á carreira avantaxando en meta ao segundo clasificado, Luciano Carretero (Caeiro) en case tres minutos. Álvaro Corzón (Betanzos) soubo sorprender aos seus rivais con dous grandes últimas voltas e entro na terceira praza. Entre as mulleres master a ciclista do Saertex Montserrat Martínez segue sendo protagonista polo seu dominio aínda que en Carral estivese a súa compañeira de master 30 Belén Souto ( Caimanes), segunda clasificada, e as master 40 Sonia Costoya ( Corbelo) e Lorena Gestal (Monte Xalo).

Por último indicar que entre os cadetes a vitoria foi para o combativo Fabián Rodríguez ( Caimanes) que nesta ocasión puxo contra as cordas ao líder da Copa Galicia, o ponteareán Miguel Rodríguez que só puido ser terceiro ao ser superado na mesma liña de meta por Martín González (Cortizo). Laura Capa (Marin), Zaira Vila (Coruxo) e Sonia Domínguez ( Marin) repetiron con esta orde un podio que parece unha constante toda a tempada.

Ao termo da xornada realizouse a habitual entrega de trofeos que contou coa presenza do Concelleiro de deportes de Carral, D. Rubén Regueira, de D. José Vázquez, propietario dos terreos nos que se situou o circuíto e o presidente do club organizador D. Xullo Brandariz. En representación da Federación impuxo as camisolas D. José Flores. D. Jero Alvarez entregou uns detalles aos gañadores como cortesía da firma Herbalife.

Os líderes da Copa Galicia de ciclocrós pousaron co cartel e camisetas reivindicativas contra a Violencia de xénero e asinaron unha camisola que lle foi enviado ao ciclista Javier de la Fuente ( Norinver) que continúa hospitalizado tras a caída sufrida no ciclocrós de Ponteareas.

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

ELITE

Jorge Punzón

Prebetong

Adrián Valverde

Rías Baixas

Aser Estevez

Cortizo

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

SUB23

 

Adrián Barros

Ponteareas

Pablo Álvarez

Cambre

David Rodríguez

In Situ

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

ELITE F

Mª José Gómez

Cambre

Lucía Vázquez

Prorebordosa

Mª Jesús Barros

Spol

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

SUB23

F

Zaida González

O Rosal

Marta Vila

Xtrembike

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

JR

Jorge Fernández

Ponteareas

Xoel Montes

Avanza

Aaron Rodríguez

Esmelle

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

JR F

Andrea García

Maceda

Noela Saa

Maceda

Alba Méndez

Cambre

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

CD

Fabián Rodríguez

Caimanes

Martín González

Maceda

Miguel Rodríguez

Ponteareas

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

CD F

Laura Capa

Marín

Zaira Vila

Coruxo

Sonia Domínguez

Marín

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

M3 F

Montserrat Martínez

Saertex

Belén Souto

Caimanes

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

M3

Andrés Calvete

Monte Xalo

Luciano Carretero

Cambre

Alvaro Corzón

Betanzos

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

M4 F

Sonia Costoya

Corbelo

Mª Lorena Gestal

Monte Xalo

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

M4

Alejandro Trasbach

Racing

Xacob Agra

Louriña

Manuel Armada

AGC

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

M5

Antonio Sousa

Bifase

Marcial Rodríguez

Quebici

Javier Lago

Spol

 

©FOTO: Luz Iglesias


Enlace con la noticia original: Brillante estrea de Monte Xalo como organizador do I CX de Carral

Mas noticias relacionadas