A UFEDEGA deulle a palabra os Grupos Políticos na I Xornada sobre as Políticas Deportivas Galegas

Publicado por: UFEDEGA

A apertura do acto estivo presidada por Isidoro Hornillos, Presidente da UFEDEGA e polo recoñecido xornalista galego Carlos Alberto Sánchez, quen exercería a labor de moderador.

Ningún Grupo Político quixo faltar a cita co Deporte Galego, aproveitando deste xeito para amosar as súas propostas en materia deportiva.

O primero en amosar as súas propostas sería Jacobo Vázquez (Ciudadanos) que sinalaría a necesidades da profesionalidade nos técnicos deportivos, así creación duns Estatutos para os Deportistas, seguiulle Enrique Pampin (En Marea), acentuaría o seu discurso entorno as necesidades de fórmulas que faciliten os habitantes do medio rural a práctica deportiva, así como a falta de adaptación das infraestructuras paritarias.

Sería Manuel Polo (BNG) quen falaría do binomio deporte-saúde, da integración así como da situación económica en materia deportiva, por o PSdG-PSOE,Enrique Vázquez, quen destacaría a necesidade de axudar os deportistas de alto nivel unha vez que finalizan a súa vida deportiva, a modificación la Lei do Deporte de Galicia, Marta Míguez, Secretaria Xeral para o Deporte defendería os intereses do PP de Galicia, facendo unha intervención técnica destacando os plans que levan a cabo: Eu son DGAN, Xogade, novas infraestructuras, así como estadísticas económicas.

Tras 1h 20 min de exposición dos diferentes grupos               políticos pasaríase a realizar o debate entre os integrantes da mesa e os convidados, entre os que se encontraban :

Federacións, Clubes, Adestradores ,Deportistas, Xuíces- Árbitros.

Debatiuse sobre a necesidade de descentralizar as subvencións, sendo os Concellos e as propias Federacións Deportivas quenes cumplan dita función delegada da Xunta de Galicia, o importante perdida de axudas destinadas o deporte por parte da Secretaria Xeral.

Destacado malestar entre as federacións e clubes o non satisfacer as súas expectativas cos representantes políticos, solicitando “que se tomen en serio o deporte”, sen facer referencia os Orzamentos para o Deporte Galego de 2019, así como a solicitude da realización da II Xornada de Políticas Deportivas Galegas.

 

La entrada A UFEDEGA deulle a palabra os Grupos Políticos na I Xornada sobre as Políticas Deportivas Galegas se publicó primero en UFEDEGA.


Enlace con la noticia original: A UFEDEGA deulle a palabra os Grupos Políticos na I Xornada sobre as Políticas Deportivas Galegas

Mas noticias relacionadas