Presentación das dúas primeiras xornadas da Volta a Galicia en Baiona dentro da Semana Europea da Mobilidade

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

A protagonista en Baiona este luns foi a mobilidade. Con motivo do comezo da Semana Europea de Mobilidade o Concello de Baiona organizou varios actos.

O primeiro tivo lugar ás 10:00 h onde o grupo de goberno colocou a bandeirola anunciando o comezo da devandita semana e a adhesión ao plan deste concello, feito que se fai por primeira vez desde que no 2000 comezouse a celebrar. Posteriormente a concelleira de Accesibilidade e Movilidad Concepción Vara e o concelleiro de Urbanismo Víctor Muñoz, percorreron as rúas do centro recollendo as imaxes necesarias dos sitios adaptados e os que presentan dificultade para a mobilidade, así como diversas opinións de veciñ@s para a mellora dos accesos.

O segundo acto que se celebrou foi a presentación da Volta a Galicia que tivo lugar no paseo da Ribeira onde o Alcalde de Baiona, o SR Gómez e a Concelleira de Deportes, a Sra. Costas, estiveron acompañados por: Sr. González e o Sr. Ferreira, alcaldes de Nigrán e Gondomar respectivamente; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo; Guillermo Sande, director da Volta a Galicia; Carlos Alonso, presidente do Club Ciclista Vigués e José Luís Chamorro, presidente do Club Ciclista Vigo-Rías Baixas.

A XVIII edición da Volta a Galicia desenvolverá as súas dúas primeiras etapas en Baiona que terá lugar os días 19 e 20 deste mes. O xoves 19 realizarase a primeira etapa da Volta cunha proba de contrarreloxo por equipos que se desenvolverá polo litoral da vila. Comezará ás 18:00 h desde a Rúa Ramón e Cajal.

O venres 20 realizarase a 2ª etapa da volta con saída e chegada a Baiona, onde percorrerán os tres concellos do Val Miñor e os concellos do Baixo Miño. Esta segunda etapa dará comezo ás 13:30, tendo varias metas volantes que serán en Baiona en diferentes horarios (14:00; 15:40), ás 15:19 cruzarán polo primeiro premio montaña no alto de Tebra e ás 15:56 cruzasen o segundo no alto da Groba. Terminando dita etapa sobre as 17:00 h na entrada do Parador. Será nesta onde se lle entregará ao vencedor a camisola azul o cal está patrocinado polo concello de Baiona.

Con motivo da adhesión á Semana Europea da Mobilidade, a Concellería de Deportes en apoio á Concellería de Accesibilidade e Mobilidade, organiza varias actividades paralelas á  Volta a Galicia para promover a bicicleta como medio de transporte alternativo. O xoves 19 ás 17:00 h realizarase unha saída non competitiva de índole familiar para maiores de 7 anos realizando o mesmo percorrido que a etapa que se celebra ese mesmo día.

O venres 20, coa colaboración do Club Ciclista Vigués, de 16:30 a 18:00 horas unha gimkana ciclista no parque da Palma onde poderá participar os maiores de 5 anos. Para ambas as actividades é obrigatorio casco, bicicleta e inscrición previa, a cal se tramita no pavillón de deportes de Baiona


Enlace con la noticia original: Presentación das dúas primeiras xornadas da Volta a Galicia en Baiona dentro da Semana Europea da Mobilidade

Mas noticias relacionadas