Duarte y Pérez (Condado) y Carrera (Coruxo) se imponen en la penultima cita del Open de España de Enduro

Publicado por: F.G. Ciclismo

A sub23 Desiree Duarte (Condado Bike) foi a vencedora absoluta na penúltima proba do Open de España de Enduro, a Endurama Cuenca. Duarte marcou un rexistro de 26:53, seguida de Miriam Alcántara, que marcou 27:01, quedando como terceira mellor muller Marketa Michalkova.

Na cita conquense reuníronse máis de 250 participantes para disputar 5 especiais cun total aproximado de 39 quilómetros de distancia e uns 1.800 metros de desnivel positivo. Ademais do éxito de Duarte, a participación galega contou tamén con Nicolás Carreira (Coruxo) que se impuxo na categoría junior tras superar os problemas de avarías sufridos ao longo do fin de semana. O rosaleiro Mario Fernández (Roseira) logrou praza de podio como terceiro clasificado o que lle permite seguir sendo líder do Open a falta dunha proba. Tamén en categoría junior hai que destacar a actuación de Pablo Piñeiro (Coruxo) que logrou unha meritoria quinta praza.

En Máster 40 venceu Tony Pérez (Condado Bike), un triunfo que confirma o seu liderado no Open. Nesta categoría Esteban Lorenzo (Bici Verde) pechou o top ten da proba completando a nómina de galegos nesta cita

O Open rematará o 24 de xuño en Tuña (Asturias) coa disputa da Tuña Gravity Enduro Race.

 

Foto Nico Carrera ©Aermosfera


Enlace con la noticia original: Duarte y Pérez (Condado) y Carrera (Coruxo) se imponen en la penultima cita del Open de España de Enduro

Mas noticias relacionadas