OROSO DITA SENTENZA NO TROFEO FEDERACIÓN E O CIRCUTO DEPUTACIÓN DÁ CORUÑA

Publicado por: F.G. Ciclismo

 A coincidencia do II XCO Concello de Oroso co peche do Open de España Cofidis restou algunha afluencia a cíta pero non restou competencia en todas as categorías. A proba foi valedoira para o Trofeo Federación e o Circuíto Deputación Provincial dá Coruña.

Os organizadores do Tambre Bike avisaron dalgunhas modificacións no trazado e todas foron para mellorar se cabe o esixente trazado de Cota dá Costa que recibiu aos ciclistas cunha calor sufocante.

Alex Trasbach (Racing) sumou a súa enésima vitoria esta tempada en master 40, nesta ocasión ante Toño Rivas (Burgas) e Manuel Armada ( AGC). Miguel Arias ( Extol) abandonou por un día a longa distancia para reencontrarse coa explosividad da distancia olímpica e acabou cunha meritoria cuarta praza. Carlos Otero ( Btt Fene), Castelo (Castro Barbudo) e Óscar Lorenzo (Bici Verde) completaron un podio de M50 no que non estivo Manuel Castro (Barbanza), un dos ausentes pola cita nacional.

Na categoría cadete viviuse a primeira vitoria da tempada de Fabián Rodríguez ( Caimanes) que lle permite recortar diferenzas na clasificación do Trofeo Federación ao ausente o lesionado Xoel Montes (Avanza). Precisamente entre os cadetes produciuse a caída de Brais Díaz ( TriatlonArteixo) que debeu ser desprazado a un centro médico obrigando a demorar a proba durante unha hora.

A continuación fíxose coa decisión de reducir unha das voltas programadas en cada categoría. Esta circunstancia motivou en gran medida aos corredores que se entregaron en pos do triunfo con maior intensidade. En M30 houbo dobrete dos Caimanes de Betanzos na persoa de Diego Rey e Aquiles Xordo. Marco Maio ( Btt Treito) gañou ao sprint o terceiro caixón do podio en duelo con xeito Muñoz (Pan de Zarco).

O escaso pelotón de mulleres saldouse con triunfo en solitario de Nuria Senra ( Eskornabois) en elite, de Alba Arias (Arteixo MB3) en junior e de Laura Capa ( Farto) en cadetes pero acompañada no podio por Zaira Vila (Coruxo) e Laura Fernández (2.0). Na proba de junior o santiagués Roi López non deu opcións aos seus rivais e adxudicouse a vitoria e de maneira matemática as camisolas en xogo.

A carreira elite estivo marcada nun primeiro instante pola presenza de Esteban Sánchez ( Extol). O vixente campión de Galicia de btt maratón tratou de impoñer un forte ritmo de saída levando consigo a Alberto Pedreira (Bici Verde) e a Pablo Alvarez (Cambre). O de Lalín non puido manter o nivel de revolucións e foi cedendo ante os seus rivais. Na última volta a mala sorte alcanzou ao de Cambre quen a falta de dous quilómetros sufría unha picada e ao tratar de arranxalo rompía a válvula sen máis opción que alcanzar a meta correndo. Ao final triunfo para Pedreira, segunda praza para Sánchez e terceiro Jorge Punzón (Prebetong). Alvarez subiu ao podio como gañador sub23.

Cambre agarda para a pechar o Trofeo Federación e o Circuíto Deputación.


Enlace con la noticia original: OROSO DITA SENTENZA NO TROFEO FEDERACIÓN E O CIRCUTO DEPUTACIÓN DÁ CORUÑA

Mas noticias relacionadas