MACEDA PON A GALICIA POR VEZ PRIMEIRA NO MÁIS ALTO DO OPEN DE ESPAÑA XCO

Publicado por: F.G. Ciclismo

Por primeira vez un equipo galego logra o triunfo final por equipos no Open de España. O conxunto ourensán do Academia Postal-Maceda partía como claro candidato a este triunfo e bastoulle con ser segundos enla disputa do Gran Premio Alcalá de Henares para logralo. Os de Maceda volven facer historia para o btt galego.

Precisamente o primeiro gran ciclista saído da factoría macedana, Pablo Rodríguez ( MMR Factory Team) foi o vencedor na categoría absoluta masculina. Rodríguez logrou impoñer con autoridade desde o principio de carreira índose en solitario e coroándose así como campión do Open.

Outro dos valores do equipo de Maceda, Carlos Canle (Academia Postal Maceda) chegaba igualado con David Campos ( Primaflor) á cita final na categoría junior masculina. Unha caída sufrida por Campos na primeira volta obrigoulle a retirarse e deixar o dominio incontestable para para o galego que se impuxo con comodidade. Segundo na proba foi outro galego, Adrián Barros (Coruxo) a catro minutos de distancia. Ambos conclúen o Open de España con idéntico resultado que en Alcalá de Henares: primeiro e segundo clasificados.

Nas categorías inferiores tamén se obtiveron bos resultados por parte da expedición galega. Noela Saa (Academia Posta Maceda) concluíu como terceira mellor cadete do Open tras finalizar cuarta a carreira. Mesma posición pero en categoría junior obtivo Andrea García (Academia Postal Maceda). Tamén obtivo podio final no Open a marinense, Irene Trabazo ( Marin), sexta do día nunha categoría sub23 na que Rocío do Alba Linares ( Primaflor) foi a vencedora absoluta.

Sen influencia sobre o resultado final do Open de España, tamén estiveron en Madrid os cadetes Miguel Rodríguez (Ponteareas) que logrou unha máis que brillante cuarta praza sendo sexto o vigués Jorge Fernández (Coruxo).

Un dos grandes dominadores da tempada en Galicia, Manuel Parada ( RSBike Boiro) ocupou a sétima posición na categoría de master 30 e en máster 50, a vitoria foi novamente para Santiago Madrona, gañador das catro probas disputadas pero cun Manuel Castro ( Barbanzabike) que non lle perdeu en ningún momento a cara a unha carreira na que os cinco primeiros concluían en apenas 40 segundos.


Enlace con la noticia original: MACEDA PON A GALICIA POR VEZ PRIMEIRA NO MÁIS ALTO DO OPEN DE ESPAÑA XCO

Mas noticias relacionadas