Aberto o prazo de inscripcións para o Campionato de España de Ciclocrós Pontevedra 2019

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Ábrese o prazo de inscricións para tomar parte nos Campionatos de España de Ciclocrós 2019 que se celebrará en Pontevedra os días 11 ao 13 de xaneiro próximo. As preinscricións poderán realizarse por seleccións autonómicas ou de forma individual por club/equipo. Aqueles/ as corredores/ as que participen como selección autonómica, será a Federación Galega quen realice as preinscricións tal e como se fai con outros campionatos. O pago do importe das categorías master homes e mulleres hai que realizalo desde esa ligazón, por TPV

Quen faga a inscrición de forma individual por club/equipo (non se participa como selección autonómica): Realizaranse na ligazón. Non quedará formalizada a preinscrición se non se efectúa tamén o pago por TPV (só os/ as máster, 11 €).

https://yosoyciclista.com/index.php/smartweb/inscripciones/prueba/13189-CAMPEONATOS-DE-ESPANA-CICLOCROSS-PONTEVEDRA2019

O prazo para realizar ambas finaliza o día 9 de xaneiro de 2019 ás 15:00 horas.

A participación farase coa licenza estendida e en vigor para o ano 2019. Tamén queremos lembrar que a categoría de participación é a mesma coa que se estivo facendo nas distintas competicións de Ciclo Cros da tempada actual, independentemente que se solicitou para o ano 2019 a licenza con outra categoría diferente.


Enlace con la noticia original: Aberto o prazo de inscripcións para o Campionato de España de Ciclocrós Pontevedra 2019

Mas noticias relacionadas