Dobre segundo posto para Mila López no inicio da Copa de España de Ciclismo Adaptado

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A Copa de España de Ciclismo Adaptado 2018 comezou cunha dobre entrega en terras manchegas e a galega Mila López (Ifit) acadou o segundo posto na categoría WH4 en ambas probas. A baionesa, defensora do título, rematou por detrás de Ione Basterra (Saiatu) en Tomelloso (Ciudad Real) e en Arcas (Cuenca).

"Non vou dicir que contenta, porque sei que podería ter sido mellor, pero é o resultado que hai e o corpo non daba para máis despois destas últimas semanas con outros problemas", valorou López nas redes sociais.

A próxima cita da Copa de España será a I Prueba Ciclista Expomedsalud, que terá lugar en Torrepacheco (Murcia) este sábado. 

 

Máis información


Enlace con la noticia original: Dobre segundo posto para Mila López no inicio da Copa de España de Ciclismo Adaptado

Mas noticias relacionadas