Nova colección #EuFágomeVer na Tenda Oficial da FGC

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

A campaña de seguridade #EuFágomeVer aposta pola cor flúor na nova colección 2019 de prendas confeccionadas pola firma OttoBosley. Estes maillots, culottes, chalecos e calcetíns buscan aumentar a visibilidade dos ciclistas e xa están dispoñibles na Tenda Oficial da Federación Galega de Ciclismo.

Os federados gozan dun desconto nos prezos destes productos. O envío é gratuíto a partir dos 100 euros e a entrega realízase nun prazo 24/48 horas. Tamén existe a opción, sen ningún tipo de custo, de recoller as prendas adquiridas na oficina da FGC. 


Enlace con la noticia original: Nova colección #EuFágomeVer na Tenda Oficial da FGC

Mas noticias relacionadas