O Campionato de España de Ciclocrós en Pontevedra concentrará a competición en dúas xornadas

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Nove carreiras en menos de 30 horas. O sábado 11 e o domingo 12 o programa de competición do Campionato de España de Ciclocrós non ofrecerá tregua na Illa das Esculturas. O CX Pontevedra promete emocións fortes para os amantes da bicicleta. 

Despois do peche das inscricións o xoves, o venres será a o momento da primeira quenda de adestramentos libres. Nesta edición do Campionato de España non se celebrará a proba Team Relay de remudas por seleccións autonómicas, polo que a competición arrancará o sábado.

Os masters serán os primeiros títulos que se porán en xogo. Máster-50 e 60 masculino (09:00 horas), máster-40 masculino (10:20) e máster-30 masculino (11:45). As cadetes e as masters comparecerán (12:50) antes da paréntese do mediodía. Pola tarde haberá dobre cita coas promesas masculinas: cadetes (15:30) e juniors (16:20).

Na mañá do domingo chegarán os tres pratos fortes do campionato. Os encargados de abrir a xornada serán os sub23 masculinos (10:00). A continuación, producirase a pugna polas coroas femininas elite/sub23 e júnior feminina (11:30) e para rematar chegará a traca final cos elites masculinos (13:30). O espectáculo en Pontevedra está garantido na segunda fin de semana do 2020.  


Enlace con la noticia original: O Campionato de España de Ciclocrós en Pontevedra concentrará a competición en dúas xornadas

Mas noticias relacionadas