Convocatoria da Selección de Galicia para o Trofeo Federación de Sax

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

O sábado 11 de maio a Selección de Galicia Júnior de estrada inaugura o seu calendario 2019. O combinado dirixido por Guillermo Sande participará en Sax (Alacante) na primeira cita do Trofeo Federación.

Seis corredores defenderán as cores da nosa comunidade nunha proba de 110 quilómetros na que se ascenderá en tres ocasións o alto da Cruz, porto de terceira categoría. A liña de meta estará situada na ermida de San Blas. 

Os ciclistas citados polo seleccionador galego son:

Miguel Ángel Mera Gallego (MMR)

Manuel Sampedro Alonso (Cambre)

Raúl Casalderrey Esperón (Farto)

Brais Gómez Cima (Ponteareas)

Manuel Rodríguez Alonso (Ponteareas)

Gianni Ianneli Álvarez (Redondela)


Enlace con la noticia original: Convocatoria da Selección de Galicia para o Trofeo Federación de Sax

Mas noticias relacionadas