A Selección de Galicia debutou no Campionato de España de Ciclismo Adaptado participando no Team Relay

Publicado por: F.G. Ciclismo

Este venres deuse o pistoletazo de saída en Santa Marta de Tormes ao Campionato de España de Ciclismo Adaptado en Estrada coa disputa da proba Team Relay. Cun trío formado por Mila López, Juan Permuy e Iván Montero a Selección de Galicia ocupou a cuarta praza no circuíto salmantino. 

Catalunya revalidou a coroa acadada o pasado ano nesta carreira por relevos e a defensora do título estivo escoltada no podio por Madrid e Castela-A Mancha. O combinado galego, o único que presentou a unha muller e ao corredor máis novo, non tivo opcións de pugnar polas medallas, pero deu a cara en todo momento nun trazado moi técnico. 

Os campionatos reanudaranse o sábado pola tarde, a partir das 16:00 horas, coas probas contra o reloxo individuais. 

 


Enlace con la noticia original: A Selección de Galicia debutou no Campionato de España de Ciclismo Adaptado participando no Team Relay

Mas noticias relacionadas