Cristian Mota regresa ao pelotón elite e sub-23 coas cores do Supermercados Froiz

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

O Supermercados Froiz anunciou a fichaxe de Cristian Mota, o corredor ponteareán que este ano gozou da súa primeira experiencia como profesional na estrutura portuguesa do Miranda-Mortágua. 

Tras a decisión do equipo luso de non renovarlle o contrato, o ciclista de 23 anos regresa á categoría Elite e Sub-23, para militar nas filas da escuadra pontevedresa, na que se fixa como obxectivos "realizar unha boa Copa de España e as voltas importantes". O reto será deixarse ver para volver ter a oportunidade de dar o salto ao pelotón profesional. 

Mota afronta esta nova etapa con ilusión e coa satisfacción do seu paso polo Mortágua. "Quedo co persoal e o meu sacrificio. Unha lesión deixoume fóra case toda a temporada, preparei a Volta a Portugal cun mes e 20 días e termineina", di satisfeito.

Credenciais coas que se presenta no seu novo equipo, co que confía completar unha boa temporada para atopar de novo o camiño ao panorama profesional. "É así a vida", resígnase.

Fonte: Faro de Vigo


Enlace con la noticia original: Cristian Mota regresa ao pelotón elite e sub-23 coas cores do Supermercados Froiz

Mas noticias relacionadas