Publicado por: F.G. Ciclismo
O XI Criterium de Ciclismo Adaptado Vila de Zarautz resultou un éxito para a participación galega que retornaba de terras vascas con seis medallas obtidas entre as modalidades de contrareloj e liña.
Mila López (Ifit FGC) logrou facerse coa vitoria WH4 tanto en crono como en ruta mentres que Alberto Abalde ( Ifit Center) fíxose co bronce de crono e ruta en MC2 e Iván Montero (Riazor) tamén sumo dous bronces de crono e ruta MH5. Álvaro Illobre (Pulpeiros Mugardos) conseguiu un meritorio cuarto posto en ruta MH4 e a quinta posición na contrareloj.
A primeira xornada do Criterium estivo dedicada á con próbaa contrarreloxo cun percorrido chairo de 1,4 quilómetros de distancia nos que cada modalidade tiñan prefijada a distancia total a percorrer que iva do 4,2 km os que menos ao 11,2 km os que máis. Mila López (Ifit FGC) obtiña o triunfo cun rexistro de 15.30 aínda que houbo que revisar as centésimas para concretar o podio ao igualar o seu tempo con Ione Basterra, a súa rival en Zarautz.
Iván Montero (Riazor) rozou a prata na proba contrareloj e por apenas tres segundos perdeuna en favor do castelán-leonés Luís Santamaria. O ouro foi para o Campión de España, o catalán Martin Berchesi que avantaxou en case dous minutos aos seus rivais. Alberto Abalde (Ifit Center) pechou a colleita de preseas na crono cun novo bronce en bicicleta MC2 quedando á marxe do duelo vasco xa que en xogo estaba os titulos de Campións de Guipuscoa e de Euskadi. O ouro foi para Alfred Irureta e a prata para Oskar Garro.
O domingo tivo lugar a proba en liña que discorreu entre Zarautz e Getaria co mar Cantábrico como testemuña do esforzo dos deportistas. Consistiu nun circuíto de 8 Km ao que os ciclistas debían facer diferente número de voltas dependendo da que modalidade e categoría pertencen e oscilou entre a máis curta de 16 Km (2 voltas) e a máis longa, de 72 Km (9 voltas).
En feminas H4, a primeira bicicleta foi novamente a da galega Milagros López (00:52:02) pero aínda que gañadora, Mila non puido vestir o título final do criterium xa que debían participar polo menos tres competidores na mesma categoría
Tamén en handbike H4 e H5, o catalán Martin Berchesi Manzione (01:17:19) volvía ser o máis rápido e sumaba un novo ouro en Zarautz por diante de Luís Alberto Santamaría (01:35:09) mentres o bronce era para o ciclista do Riazor, Iván Montero (01:33:17) e a cuarta praza para Alvaro Illobre (Pulpeiros Mugardos) cun tempo de 01:43:18. A participación galega pechábase cunha nova medalla, a prata obtida por Alberto Albalde (Ifit Center) en bicicleta MC2, unha proba con vitoria do vasco Oskar Garro.
©Fonte: Mila López
Enlace con la noticia original: Boa colleita dos ciclistas galegos no Criterium de Zarautz