O maillot conmemorativo do CX Pontevedra xa está á venda na Tenda Online da FGC

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Pontevedra é un ano máis a capital do ciclocrós estatal. Despois de celebrarse o 1 de decembro a quinta xornada da Copa de España, a Illa das Esculturas acollerá en xaneiro o Campionato de España por segunda temporada consecutiva. Para festexar esta inesquecible dobre cita, Ottobosley confeccionou unha prenda especial. 

O maillot conmemorativo do CX Pontevedra está á venda na Tenda Online da Federación Galega de Ciclismo. O seu prezo é de 40 euros. Date presa e non te quedes sen esta camisola de edición limitada. 

 


Enlace con la noticia original: O maillot conmemorativo do CX Pontevedra xa está á venda na Tenda Online da FGC

Mas noticias relacionadas