A Transgalaica recalará en Silleda este domingo con máis de 400 participantes

Publicado por: F.G. Ciclismo

En Silleda disputarase este domingo, con previsión de máis de 400 participantes, a cuarta proba puntuable para o circuíto Transgalaica. Os corredores darán dúas voltas a un percorrido de 31 quilómetros de lonxitude, que partirá da rúa do Parque na Bandeira para enfilar hacia Chapa, Negreiros, O Castro e Carboeiro, discurrindo polo entorno do mosteiro e o mirador da Fervenza do Toxa antes de regresar ata A Bandeira.

«Tratáse dun percorrido moi vistoso por pistas forestais e sendeiros, un circuito duro que tamén dará a coñecer fermosos entornos do noso municipio», explicaba Tomás Baúlde, presidente do Club Ciclista Trasdeza, que organiza esta cuarta proba da Transgalaica de BTT. Na presentación estiveron o rexidor, Manuel Cuíña, xunto á secretaria da Federación Galega de Ciclismo, Begoña Carpinteiro, un representante de Team Relay que promove a competición, Javier Sánchez, e o actual campión galego e líder da presente edición, o dezano Javi Busto

No acto tamén houbo representación doutros clubes da comarca dezana. Durante a súa intervención, Cuíña resaltou o éxito que supón acoller unha proba de BTT deste nivel, ensalzando o traballo desenvolto polo CC Trasdeza nos últimos anos e incidiu na promoción deste deporte así como nos recursos naturais e patrimoniais do municipio de Silleda.

Fonte: La Voz de Galicia


Enlace con la noticia original: A Transgalaica recalará en Silleda este domingo con máis de 400 participantes

Mas noticias relacionadas