O Rosal e Ponteareas marcan o ecuador da tempada de ciclocrós

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Os distintos líderes da Copa Galicia de Ciclocrós saíron reforzados das dúas últimas citas celebradas a fin de semana no Rosal e Ponteareas cando se alcanza o ecuador da tempada.

Os éxitos da representación portuguesa na cita de Eiras foi un dos aspectos destacados do XXI Trofeo Ciclocros de Eiras no Rosal. Marisa Morgado en elite feminina, Antonio Sousa en master 50 e a junior Ana Rebelo, foron a punta de lanza dos ciclistas lusos na ribeira do Miño. Os organizadores do Club Ciclista Roseira prepararon na contorna da praia fluvial de Eiras un trazado técnico ao que os corredores tardaban unha media de 8 minutos en completar cada volta. A ausencia de choivas converteu un bo número de partes do circuíto en tramos de area que puxeron en apertos aos competidores.

Adrián Barros (Ponteareas) foi o vencedor absoluto da proba marcando un ritmo altísimo que só puido seguir Samuel González (Kiwi Atlántico) durante a primeiras volta. Adrián Valverde (Rías Baixas) sumou unha nova vitoria na categoría elite.

A entrega de premios da xornada estivo presidida pola Teniente de Alcalde de O Rosal, Charo Tavales, e os concelleiros Antonio González e Angel Martínez.

Tras a proba rosaleira, os ciclistas volveron medir na xornada dominical na vila de Ponteareas. No ano de de o aniversario do club ponteareán estreábase o circuíto de As Cachadas, un trazado de tres quilómetros cun aspecto marcadamente técnico. A caída sufrida por Javier de la Fuente (Norinver) apenas iniciada a proba, marcou gran parte da xornada que a pesar de completarse de maneira brillante, deixou fríos os ánimos. Tralo susto inicial e a rápida atención da organización, o ciclista betanceiro evoluciona favorablemente.

A de Ponteareas era unha cita marcada polos ciclistas locais que tivo o seu reflexo nas vitorias do sub23 Adrián Barros, o junior Jorge Fernández e o cadete Miguel Rodríguez, aínda que os tres xa venceran na xornada previa do Rosal. Á festa ponteareá sumouse tamén a líder do Open de España da modalidade, a master Isabel Castro (Condado Bike) natural da parroquia de Areas.

O certo é que a fin de semana resultou a confirmación de líderes como a cadete Laura Capa ( Marin) quen suma as súas participacións por vitorias mantendo baixo control aos seus principais rivais, Zaira Vila (Coruxo) e a súa compañeira de equipo, Ana Dominguez.

Quen tamén sae reforzado na súa categoría é o master 50 portugués Antonio Sousa ( Bifase) quen anunciou no Rosal que esta tempada correrá en exclusiva a Copa de Galicia renunciando á Taça portuguesa, polo menos ata a disputa do próximo mundial. De igual xeito, Andrés Calvete (Monte Xalo) confírmase entre os master 30 e redondeou o seu éxito en Ponteareas adicando o seu triunfo a Javier de La Fuente desexandolle unha rapida recuperación.

A aparición de Lucia Vázquez ( Prorebordosa) puxo patas para arriba a categoría elite e en apenas tres carreiras xa subiu sumado en Ponteareas a súa primeira vitoria, algo parecido ao que ocorre entre as sub23 coa reaparición tras a súa lesión de Marta Vila ( Xtrembike), segunda no Rosal e gañadora o domingo.

O master 40 Manuel Armada ( AGC) é unha referente da categoría aínda que o seu carácter peculiar mantenlle en suspenso: comentara que este ano con competiría e finalmente fíxoo para rivalizar con Alex Trasbach (Racing) , Moises Leboso (10 GD) ou Xacob Agra ( Louriña) entre outros. Armada venceu no Rosal e foi segundo en Ponteareas pero a súa continuidade é unha incógnita.

O termino da xornada tivo lugar unha emotiva entrega de trofeos presidida polo alcalde de Ponteareas, José Represas e o Concelleiro de Deportes, Benito Márquez en na que se fixo un especial recoñecemento a Ricardo Gómez "Calis". 

RESULTADOS

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

PONTEAREAS

ELITE

Adrián Valverde*

Rías Baixas

Saúl López

Maceda

Aser Estévez

Cortizo

 

Luis Fernández

Avanza

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

PONTEAREAS

SUB23

Adrián Barros

Ponteareas

Samuel González*

Kiwi Atlántico

Jorge Suarez

Lugo

 

Pablo Álvarez

Cambre

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

PONTEAREAS

ELITE

F

Mª José Gómez*

Cambre

 

Isabel Caetano

 

 

Lucía Vázquez

Prorebordosa

Mª Jesús Barros

Spol

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

PONTEAREAS

SUB23

F

Marta Araujo

 

 

Marta Vila

Xtrembike

Zaida González

O Rosal

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

PONTEAREAS

JR

Jorge Fernández*

Ponteareas

Oscar Fernández

Avanza

 

David Fernández

Avanza

Borja Lorenzo

Fundación

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

PONTEAREAS

JR F

Ana Rebelo Santos

ASC

 

Carla Fernández

Meruelo

 

Andrea García*

Maceda

Noela Saa

Maceda

 

Alba Méndez

Cambre

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

PONTEAREAS

CD

Miguel Rodríguez*

Ponteareas

Fabián Rodríguez

Caimanes

 

Martín González

Maceda

Sergio Lorenzo

Avanza

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

PONTEAREAS

CD F

Laura Capa*

Marín

Zaira Vila

Coruxo

Sonia Domínguez

Marín

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

PONTEAREAS

M3 F

Montserrat Martínez*

Saertex

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

PONTEAREAS

M3

Andrés Calvete*

Monte Xalo

Alejandro Mesias

Quintena

 

Luciano Carretero

Cambre

Uxio Canosa

OEA

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

PONTEAREAS

M4 F

Isabel Castro

Condado

 

Mónica Alarcon*

Arcadecycles

 

Sara Isaach

Meira

 

Natalia Raña

Corbelo

 

Sonia Costoya

Corbelo

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

PONTEAREAS

M4

Manuel Armada

AGC

Alejandro Trasbach*

Racing

Moises Leboso

10 GD

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

PONTEAREAS

M5

Antonio Sousa*

Bifase

Javier de la Fuente

Norinver

 

Mario Castro

Cortizo

Manuel Castro

Barbanzabike

 

 

* lideres da Copa Galicia

©Foto: LUZ IGLESIAS (Pirucho pequeno)


Enlace con la noticia original: O Rosal e Ponteareas marcan o ecuador da tempada de ciclocrós

Mas noticias relacionadas