Publicado por: F.G. Ciclismo
O espectáculo do Cross Country Olímpico volve chegar por partida dobre ao calendario galego. Tras o éxito do 2018, a Federación Galega de Ciclismo repite a fórmula de dividir as probas de XCO en dous certames independentes: Trofeo Federación e Copa Galicia. En total, disputaranse trece probas puntuables en pouco máis de tres meses e medio.
A temporada subirá o pano o sábado 30 de marzo co XC Montefaro, apertura da Copa Galicia. A seguinte parada desta competición será o Trofeo XCO Concello do Porriño, evento que celebrará a súa primeira edición. Ferrol, Betanzos, Cambre e Maceda non podían faltar como escenarios clásicos antes do peche o 7 de xullo en Poio.
O Trofeo Federación arrancará o 6 de abril na capital de Galicia co XCO Cidade de Santiago. Á semana seguinte chegará a quenda da Cañiza e este certame regresará con forza en xuño. Neste mes concéntrase as catro probas restantes: Oroso, Xaxán, Sanxenxo e a traca final do XCO Piñor.
Calendario Copa Galicia
30/03/2019 XC MONTEFARO 2019 PULPEIROS MUGARDOS C.
27/04/2019 I TROFEO XCO CONCELLO DO PORRIÑO AVANZA, A.D.
01/05/2019 8 TROFEO BTT RALLIE CIDADE DE FERROL FERROL C.C.
18/05/2019 IV XCO CAIMANES BETANZOS CAIMANES BETANZOS, C. BTT
25/05/2019 XIX GRAN PREMIO CONCELLO DE CAMBRE BTT CAMBRE C.C.
15/06/2019 XI BTT DE MACEDA MACEDA, C.C.
07/07/2019 XI OPEN BTT XCO CONCELLO DE POIO MOVENDONOS POR POIO CICLISMO-TRIATLON POIO C.
Calendario Trofeo Federación
06/04/2019 X XCO CIDADE DE SANTIAGO COMPOSTELANO, C.C.
13/04/2019 II TROFEO BTT XCO GRUPETA PAN DE ZARKO, CONCELLO DE A CAÑIZA GRUPETA PAN DE ZARKO C.
01/06/2019 III RALLY CONCELLO DE OROSO TAMBRE BIKE C.C.
08/06/2019 II XAXANBIKE MARIN C.C.
22/06/2019 V XCO DE SANXENXO CORBELO, C.C.
29/06/2019 III XCO PIÑOR BURGAS BIKE TEAM C.D.
Enlace con la noticia original: O XCO repite fórmula no calendario autonómico co Trofeo Federación e a Copa Galicia