Boas sensacións para os profesionais galegos en Andalucía e no Algarve

Publicado por: F.G. Ciclismo

O pasado domingo finalizaron a Vuelta a Andalucía – Ruta del Sol e a Volta ao Algarve, dúas carreiras de nivel 2.HC que contaron con representación galega por partida dobre. Alejandro Marque (Sporting – Tavira) e Gustavo César Veloso (W52-FC Porto) competiron en Portugal, mentres que Delio Fernández (Delko Marseille) e Pablo Torres (Burgos BH) fixérono no sur de España. Os catro remataron con bo sabor de boca tras cinco días rodando xunto a equipos World Tour.

O estradense Marque ocupou a 30ª praza na clasificación xeral final do Algarve e o vilagarcián Veloso, a 36ª. O polaco Michal Kwiatkowski (Team Sky) impúxose nunha volta que serviu aos galegos para probarse de cara aos seus próximos obxetivos no calendario luso, entre eles, a Volta ao Alentejo. 

A combatividade caracterizou a participación de Delio Fernández e Pablo Torres en Andalucía. Os dous deixáronse ver en escapadas nesta rolda que se adxudicou Tim Wellens (Lotto-Soudal). O moañés concluíu 50º e a súa próxima cita será a París-Niza. Pola súa banda, o coruñés terminou 56º.


Enlace con la noticia original: Boas sensacións para os profesionais galegos en Andalucía e no Algarve

Mas noticias relacionadas