A Copa Galicia de Estrada Máster estréase cunha dobre cita na área de Santiago

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A principal novidade no calendario de estrada galego do 2018 ponse en marcha esta fin de semana. A Copa Galicia Máster sube o pano e faino con dúas probas na comarca de Santiago de Compostela. O sábado disputarase a V Ruta Rosaliana en Padrón e o domingo o III Memorial Fernando Abad en Sigüeiro.

Os primeiros maillots de líderes das categorías Máster-30, Máster-40 e Máster-50/60 poranse en xogo sobre unha distancia de 75 kilómetros. O Campo do Souto será o punto de inicio e chegada este sábado (15:30 horas) da Ruta Rosaliana. Esta carreira organizada polo Club Ciclista Padronés tamén está aberta á participación de ciclistas juniors.

Ao día seguinte o pelotón máster tomará as estrada do concello de Oroso para homenaxear a Fernando Abad, ex presidente do Tambre Bike e que nos deixou mentres practicaba o seu deporte favorito. O bandeirazo de saída darase ás 10:30 horas na Rúa da Cultura de Sigüeiro, onde rematará a carreira despois de terse completado 80 kilómetros. Nesta cita tamén poderán participar os juniors.

 

A Copa Galicia de Estrada Máster constará doutros sete eventos:

-III TROFEO DE CICLISMO CONCELLO DE ORDES               ASOC. GALEGA CICLISTAS

-VI TROFEO DE CICLISMO CONCELLO DE A ESTRADA        ASOC GALEGA CICLISTA

-XIV TROFEO CONCELLO DE CANGAS                                    C.C. CANGAS

-V TROFEO DE CICLISMO CONCELLO DE O PINO                 ASOC GALEGA CICLISTAS

-VII CAARREIRA MASTER CONCELLO DE GONDOMAR         C.C.GONDOMAR

-3º TROFEO PATROCINADOR                                                   BARBANZA

-II MASTER VILA DE AS PONTES                                               VILALBA-AS PONTES


Enlace con la noticia original: A Copa Galicia de Estrada Máster estréase cunha dobre cita na área de Santiago

Mas noticias relacionadas