Resultados Base

Publicado por: U.D. Ourense

Xornada de fin de semana para a base da UD Ourense que nos deixou as vitorias do xuvenil, infantil “A”, infantil “B”, alevín “A”, alevín “B” e benxamín “A”. Empate do cadete “B” e derrotas do cadete “A”, benxamín “B”, prebenxamñin “A” e prebenxamín “B”.

Xuvenil

UD Ourense 4-0 SDC Arrabaldo

Vitoria moi traballada do xuvenil, na que a pesar do resultado, tocoulle sufrir para acadar a vitoria diante do Arrabaldo. Os tantos non chegaron ata a segunda metade. Xoel abriu o marcador no 61 e ata o 83 non chegaría o tanto da tranquilidade, obra de Pousa. Co Arrabaldo volcado en ataque, chegarían dous novos tantos vermellos por mediación de Enrique e Carlos. 3 puntos máis para seguir unha semana máis comandando a táboa con 3 puntos de vantaxe sobre o Chantada.

Cadetes

Ourense CF 4-0 UD Ourense

Dura derrota do cadete que adestra Vilachá e que caeu no derbi fronte o segundo clasificado do grupo sur da liga galega, o Ourense CF. Os locales foron moi superiores na primeira metade e adiantátonse os 4 minutos no marcador. Antes do descanso, os locais acadarían dous tantos máis para marchar cunha vantaxe case insalvable. Con este resultado, a permanencia dos vermellos queda a 5 puntos con 9 xornadas aínda por desputarse.

UD Ourense “B” 1-1 CF Monforte

Terceira xornada da fase copeira no seus sistema de liguilla para un cadete “B” que sumou un punto en Miraflores diante do Monforte. David adiantou os nosos os 2 minutos de xogo, pero os monfortinos conseguiron igualar a contenda na metade do primeiro acto. Tralo descanso, oportunidades para ambos conxuntos, pero o marcador xa non se movería. Con este resultado, os nosos quedan terceiros a 3 puntos do líder, o Peroxa.

Infantís

Ourense CF “B” 2-3 UD Ourense

Vitoria do infantil no derbi fronte o Ourense CF. Os nosos, que xa non teñen opcións de pelexar polo ascenso a galega, superaron a un rival directo na táboa, o que tamén adiantan na clasificación. Partido moi desputado e no que nos nosos tiveron que adiantarse por tres veces no marcador para acabar por levarse o triunfo.

CD Velle “B” 1-3 UD Ourense “B”

Segunda vitoria consecutiva do infantil “B”, que marcha nos postos de cabeza e que desta vez superou a un rival directo na loita por meterse na seguinte ronda da Copa. Os vermellos levaron o peso do partido e adiantáronse no marcador na primeira metade, grazas a un tanto de Santi. Dous tantos de Pablo no segundo tempo, deixaron o partido visto para sentencia. No tramo final, o Velle maquillou o resultado cun tanto de Noel.

Alevís

CD Purísima 1-2 UD Ourense

Vitoria do alevín de Álex Castro na súa visita a La Purísima. Os nosos seguen a estela dos postos de acceso ao sector galego, aínda que as diferenzas siguen sendo de 6 puntos con respecto a esas prazas. Os vermellos superaron a un combativo rival. Adiantáronse na primeira metade e fixeron o segundo tanto no 43. 5 mninutos despois, La Purísima meteuse de cheo no encontro cun tanto e de ahí o final, moita desputa por lograr a vitoria, que o final caeu do noso lado.

UD Ourense “B” 2-1 SDC Arrabaldo “B”

Regresou o alevín “B” a senda do triunfo, tras superar o Arrabaldo “B” nun partido moi desputado e no que os visitantes se adianteron no primeiro tempo aproveitando un tanto en propia porta dos nosos. Na segunda metade, o segundo equipo alevín daríalle a volta o partido e acabaría por levar 3 puntos que confirman a segunda praza con 3 xornadas por desputarse, quedando a 6 do líder, o Monforte, que pode canta o alirón a próxima sema.

Benxamís

CD Purísima 1-4 UD Ourense

Vitoria valiosísima do benxamín, que unido o tropezo da EDC Xinzo, fai que os nosos se sitúen a 1 puntos dos limiáns, que ocupan postos de acceso o sector galego e contan cun partido máis no seu haber. Con 6 xornadas por desputar, os nosos dependen de sí mismos para acadar un feito histórico. Dest vez, os nosos superaron a La Purísima nun encontro totalmente controlado. O resultado o descanso era de 0-3 e aumentaría nun tanto co comezo do segundo tempo. O final 1-4 e 3 puntos para seguir loitando.

EDC Celanova 4-1 UD Ourense “B

Derrota do segundo equipo benxamín na súa visita a Celanova. Os nosos fixeron unha gran primeira metade, chegando o descanso con empate 1-1 no marcador. Os locais serían superiores na segunda parte e acadarían o triunfo final.

Prebenxamís

UD Ourense 1-4 Ourense CF

Derrota do prebenxamín no derbi, os nosos pequenos caeron diante do Ourense CF, da parte alta da táboa. Primeira metade de dominio vermello, o que nos permitiu marchar o descanso con vantaxe de 0-1. Trala reanudación, os visitantes empatarían e acabarían levando o triunfo.

Ribadavia Atlético 17-0 UD Ourense “B”

Derrota do segundo equipo benxamín en Ribadavia e nova oportunidade para seguir crecendo despois de que a semana pasada se suspendera o partido que xogaban.

 

Xuvenil

UD Ourense

4 · 0

SDC Arrabaldo

Cadete

Ourense CF

4 · 0

UD Ourense

Cadete B

UD Ourense B

1 · 1

CF Monforte

Infantil

Ourense CF B

2 · 3

UD Ourense

Infantil B

CD Velle B

1 · 3

UD Ourense B

Alevín

CD Purísima

1 · 2

UD Ourense

Alevín B

UD Ourense B

2 · 1

SD Arrabaldo B

Alevín C

[Descansa] – UD Ourense C

Benxamín

CD Purísima

1 · 4

UD Ourense

Benxamín B

EDC Celanova

4 · 1

UD Ourense B

Prebenxamín

UD Ourense

1 · 4

Ourense CF

Prebenxamín B

Ribadavia Atl

17 · 0

UD Ourense B

La entrada Resultados Base se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Resultados Base

Mas noticias relacionadas