Os galegos ultimaron en Hoogerheide a súa posta a punto para o Mundial de ciclocross

Os galegos ultimaron en Hoogerheide a súa posta a punto para o Mundial de ciclocross

Modalidades: 

No último test previo ao Mundial de ciclocross, os galegos non puideron repetir os brillantes resultados acadados sete días antes en Nommay (Francia). Esta vez, no circuíto holandés de Hoogerheide, o sub23 Iván Feijoo tivo que conformarse coa 39ª posición, o júnior Carlos Canal coa 46ª e a sub 23 Irene Trabazo coa 14ª. A novidade nesta cita foi a participación do júnior Adrián Barros, que rematou 28º.

A mala sorte cruzouse con Feijoo despois dunha boa saída. O sub23 do Academia Postal – Actyon – MMR sufriu unha picada cando rodaba 21º. Tivo que cambiar de bici e non foi capaza de recuperar o ritmo do prinicipio. Finalizou a 4:58 do gañador Eli Iserbyt.

O seu compañeiro de equipo Canal non gozou das mesmas sensación que a semana anterior, cando obtivo a décima praza en Nommay. Nesta ocasión non tivo o seu mellor día e terminou a 4:52 de Niels Vandeputt. Pola súa banda, Barros estreouse nunha Copa do Mundo e o do Coruxo cedeu 3:13 co primeiro clasificado. 

A participación galega completouna Trabazo na carreira raíña feminina que gañou Sanne Cant. A marinense ocupou a 45ª praza na táboa absoluta, sendo a 14ª mellor sub23. 

Estes catro corredores galegos xa non se moverán dos Países Baixos, onde a vindeira fin de semana se celebra o Mundial no que representarán á selección española no circuíto de Valkenburg. 

Foto: Clube Ciclista Maceda

 


Publicada en: Os galegos ultimaron en Hoogerheide a súa posta a punto para o Mundial de ciclocross» target=»_blank»>F.G. Ciclismo

Mas noticias relacionadas