Nova web da Federación Galega de Ciclismo

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

A Federación Galega de Ciclismo entra na conta atrás para estrear páxina web. Nos próximos días estará operativo o renovado portal da FGC. O seu formato non resultará estraño para os usuarios dado que aplicará o mesmo modelo que o da Real Federación Española de Ciclismo. 

O cambio estético e de funcionamento responde a necesidades como facilitar a realización de trámites ou reestructurar contidos. Para iso, engadiranse funcionalidades que organicen e almacenen a información dun xeito máis eficiente. 

Coa nova www.fgalegaciclismo.es a FGC súmase a outras federeacións autonómicas que xa teñen activas as súas renovadas webs como a de Andalucía, Valencia, Canarias, Aragón e Comunidade de Madrid. 


Enlace con la noticia original: Nova web da Federación Galega de Ciclismo

Mas noticias relacionadas