Top 10 de Suárez na Copa do Mundo e victoria de Marco Veiga e Eva Castro en O Marisquiño

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

O piloto galego Angel Suárez logrou un meritorio noveno posto na cita de Copa do Mundo de Descenso celebrada este fin de semana en Monte Santa Ana (Canada). A proba serviu para que Angel Suárez lograse un impresionante top-10, o seu mellor resultado ata a data nesta competición. Suárez mantívose no hot- seat un bo intre e no top-3 ata que só faltaban por baixar 6 riders.

O top 10 de Anxo Suárez acaba cunha larguísima seca de grandes resultados internacionais en categoría elite qu e serve para devolver a confianza que o equipo depositou nel cando o fichou. O ano pasado foi unha tempada negra para el por mor das lesións pero con esta posición demostra que ten o nivel para estar entre os mellores.

Veiga e Castro (Quintena) lucíronse no Marisquiño

Marco Veiga (Quintena) logrou impoñerse no mtb downtown da zona vella de Vigo, unha das probas destacadas dentro do programa de competición do Marisquiño, considerada como a cita máis importantes de España de cultura urbana e deporte extremo. O piloto de Narón superou en máis dun segundo a Alex Ledo (Pulpeiros) e a Edgar Carballo (Vadebicis) que fora o máis rápido na manga de cualificación. Niko Larrán (Travesas) e Esteban Paz (VK Bikes) completaron o top cinco da proba. En canto á categoría feminina a vitoria correspondeu a Eva Castro (Quintena) seguida por Uxia Álvarez (Coruxo) e Paula Seoane (Barbanzabike).


Enlace con la noticia original: Top 10 de Suárez na Copa do Mundo e victoria de Marco Veiga e Eva Castro en O Marisquiño

Mas noticias relacionadas