O junior Dani Sanin (Caeiro) gañou na carreira de casa

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Na tarde do sábado disputábase no Polígono do Espírito Santo o XVIII G. P. Concello de Cambre de Escolas, Cadetes e Junior, organizado polo C. C.Cambre-Caeiro. A elevada temperatura presente durante toda a xornada non puido cos máis de 300 ciclistas vindos de toda Galicia que se achegaron a competir no esixente circuíto de Cambre.

O Club local dominaba a carreira junior e conseguía facerse coa vitoria e o segundo posto da man de Daniel Sanin e Oussama Bechelaghem, respectivamente; ademais de subir ao pódium tamén en categoría alevín co 2º posto de Tomás Pombo.

©CCCambre

Documentos: 

Enlace con la noticia original: O junior Dani Sanin (Caeiro) gañou na carreira de casa

Mas noticias relacionadas