Os gañadores dos Rankings FGC serán galardoados o 29 de febreiro na Gala do Ciclismo Galego

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Na súa gran festa anual o ciclismo galego coroará aos mellores nas probas do calendario autonómico durante 2019. Máis de 60 corredores recibirán o seu recoñecemento como vencedores dos Rankings da Federación Galega de Ciclismo (FGC) na Gala que se celebrará no Teatro Principal de Pontevedra o sábado 29 de febreiro a partir das 19:30 horas. 

As clasificacións que premian a regularidade ao longo da temporada abranguen seis disciplinas. Entregaranse premios a 14 ciclistas na categoría de Estrada; a outros 12 na de BTT-Cross Country Olímpico; a 11 na de BTT-Enduro; a 8 en BTT-Descenso; a 8 da de BTT-Cross Country Maratón, e a 15 de Ciclocross.

Fai click no documento adxunto para consultar a lista de gañadores.

Documentos: 

Enlace con la noticia original: Os gañadores dos Rankings FGC serán galardoados o 29 de febreiro na Gala do Ciclismo Galego

Mas noticias relacionadas