Triunfo de Rubén Fernández no Memorial Fernando Abad e dous cambios de líderes na Copa Galicia de Estrada Máster

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A primeira fin de semana da Copa Galicia de Estrada Máster pechouse no concello coruñés de Oroso homenaxeando a Fernando Abad. A terceira edición do memorial na honra de quen fora presidente do Tambre Bike reuniu a participación máis alta do que vai de temporada. Un total de 126 corredores, 26 deles juniors, tomaron a saída nunha carreira que se anotou  o máster-40 Rubén Fernández (Norinver).

O gañador alcanzou a liña de meta de Sigüeiro cunha vantaxe de 1 minuto e 2 segundos despois de 80 kilómetros de percorrido e asaltou a primeira praza do ranking máster-40 da Copa Galicia. A segunda posición correspondeulle ao máster-30 José Ignacio Méndez (Garajes Paco) que entrou no mesmo tempo que Iago Alonso (Chantadino). O novo líder do certame autonómico entre os masters-30 é José Manuel Regueira (Chantadino), sétimo nesta segunda xornada puntuable. 

O único maillot que non cambia de propietario é o de líder máster-50/60. Javier de la Fuente (Norinver) repetiu triunfo na súa categoría tras terse imposto o día anterior na Ruta Rosaliana. En canto aos juniors,  o primeiro clasificado en Sigüeiro foi Brais Gómez (Ponteareas).

 

Documentos: 

Enlace con la noticia original: Triunfo de Rubén Fernández no Memorial Fernando Abad e dous cambios de líderes na Copa Galicia de Estrada Máster

Mas noticias relacionadas