OS MÁIS NOVOS MEDIRANSE NA VI RUTA DO ALBARIÑO

Publicado por: F.G. Ciclismo

A sede da Deputación Provincial de Pontevedra foi o escenario elixido para a presentación oficial da sexta edición da Ruta do Albariño, proba ciclista que se celebrará ao longo do fin de semana e para as categoría de junior e sub 20.

No acto de presentación estiveron Chelo Besada (deputada provincial área de deportes), Victor Caamaño (concelleiro deportes Concello de Cambados) , Lourdes Ucha (alcaldesa de Meaño), Ernesto Falcon (presidente do club cilista Cambados) e Juan Carlos Muñiz (Presidente da Federación Galega de Ciclismo).

A responsable institucional do deporte en Pontevedra, Chelo Besada, agradeceu que ”a presentación se realizase na Deputación” e fixo mención “ao bo entendemento entre os concellos implicados para que esta volta ciclista sexa unha realidade”.

Continuou Juan Carlos Muñiz para dar as grazas a todos os asistentes e en especial agradecer a aposta da Deputación por esta volta ciclista e aos concellos de Cambados, Meaño e ao club ciclista Cambados.

Ernesto Falcon foi o encargado de comentar o percorrido das etapas cunha primeira xornada de dous sectores: unha cronoescalada pola mañá e unha etapa en liña pola tarde con saída e chegada en Meaño. O domingo concluirá esta edición da Ruta do Albariño cunha etapa con saída e chegada en Cambados e unha distancia total de 92 quilómetros.

Lourdes e Victor manteñen o seu "compromiso con esta volta que sirve para poñer en valor a promoción do deporte e para mellorar a nosa sociedade e ademais darnos a coñecer enxalzando a nosa riqueza paisaxista".


Enlace con la noticia original: OS MÁIS NOVOS MEDIRANSE NA VI RUTA DO ALBARIÑO

Mas noticias relacionadas