Os vinte podios finais dos galegos nos opens e copas de España serán premiados na Gala deste sábado en Lalín

Os vinte podios finais dos galegos nos opens e copas de España serán premiados na Gala deste sábado en Lalín

Tema: 

Un dato resume o balance da participación dos corredores galegos nos opens e nas copas de España durante o pasado ano: no 2017 o número de podios duplicou o acadado no 2016. De dez presenzas entre os tres primeiros dos rankings finais, pasouse a 20. Os protagonistas deste excepcional resultado recibirán o seu recoñecemento este sábado na Gala do Ciclismo Galego que se celebrará no Auditorio Municipal de Lalín (18:00 horas).

Nas disciplinas de BTT, a elite Susana Alonso, a máster-40 Ana González e o máster-30 Javier Busto fixéronse cos títulos das súas categorías no Open de BTT Maratón, un certame no que o máster-40 Miguel Ángel Arias rematou terceiro.

Un podio máis acadaron os especialistas de BTT Enduro no seu Open, co triunfo da sub23 Desiree Duarte, os segundos postos do elite Rubén Rodríguez, o junior Nicolás Carrera e o máster-30 Tony Pérez, mentres que o elite Mauro González ocupou a terceira posición. 

No Open de BTT Ultramaratón, o elite Brandan Márquez e o máster-30 Delmiro Acevedo proclamáronse campións, idéntico resultado que o asinado no Open de XCO por Pablo Rodríguez nos elites e o por Carlos Canal nos cadetes. Neste certame que baixara o pano en Maceda, Iván Feijoo terminou segundo nos juniors e Noela Saa terceira nas cadetes. 

Os representantes do Academia Postal – Actyon – MMR tamén brillaron na Copa de España de Ciclocross con Feijoo logrando o título nos sub23, Canal ocupando a segunda praza nos junior e Saa, a terceira nas cadetes. O outro éxito galego sobre o barro correu da conta de Irene Trabazo, gañadora sub23. 

Pola súa banda, no ciclismo adaptado Mila López adxudicouse a xeral WH4 da Copa de España. 

 

 

Documentos: 

Publicada en: Os vinte podios finais dos galegos nos opens e copas de España serán premiados na Gala deste sábado en Lalín» target=»_blank»>F.G. Ciclismo

Mas noticias relacionadas