Pellón triunfa en Bilbao e Galicia segue contando con tres líderes no Open de España de Descenso

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A categoría máster-30 do Open de España de Descenso ten un sólido dominador en Manuel Pellón despois de dúas xornadas disputadas. O rider do BDM Bike Club obtivo no Bilbao Downhill a súa segunda vitoria consecutiva no certame estatal e subiu ao podio da Plaza de Rekalde para vestirse co maillot de líder, do mesmo xeito que o fixeron dúas galegas: a cadete Uxía Álvarez (Coruxo) e a máster-30 Estefanía Cabarcos (BDM).

Con sete segundos de vantaxe sobre o segundo clasificado Juan Antonio Ortuño (Guijarro), Pellón defendeu con éxito o primeiro posto do ránking máster-30 que acadara dúas semanas antes na Tuña Gravity. A distancia na xeral entre estes dous corredores ampliouse ata os 105 puntos. O terceiro clasificado Iván Runza (Cuetos) atópase a 133 puntos do líder cando so resta unha proba por celebrarse. 

Nas cadetes, Álvarez tamén chegaba no máis alto da táboa e conservou esa privilexiada situación. A rider do Coruxo rematou terceira na capital biscaíña, por detrás da gañadora Aina González (St. Andreu) e de Naroa Arambarri (Lagun Onak). O colchón da galega no ránking do Open é de 195 puntos sobre a catalana González. 

Pola súa banda, Cabarcos logrou a dobre recompensa do triunfo na súa categoría e do liderado na xeral ao tratarse da única máster-30 inscrita. Os outros dous galegos que remataron entre os dez primeiros dos seus grupos de idade foron o sub23 Kevin Méndez (6º) e o júnior Marco Martínez (8º). 

Este Open, no que se suspendou a que ía ser a primeira proba da temporada polo falecemento dun competidor, resolverase o 12 de maio en El Raso (Ávila).

 

Máis información


Enlace con la noticia original: Pellón triunfa en Bilbao e Galicia segue contando con tres líderes no Open de España de Descenso

Mas noticias relacionadas