Reunión de traballo entre a DXT e a Federación galega

Publicado por: F.G. Ciclismo

Esta pasada semana tivo lugar unha reunión de traballo entre os responsables técnicos da FGC e os directivos da DXT en Galicia co gallo de tratar a nova INSTRUCIÓN 18/TV-101 que regula os eventos deportivos na vía pública.

A reunión programada tivo lugar nas dependencias da DXT na Coruña e nela estiveron presentes a directora da DGT para Galicia María Vitoria Dobarro; o tenente coronel e xefe da garda civil de tráfico de Galicia, o capitán Jesús Do Río, Rafael Araujo xefe de sección ademáis de Guillermo Sande e Juan Carlos Muñiz cda FGC.

Esta xuntanza de traballo serviu para intercambiar información de como se está desenvolvendo esta nova instrución unificando criterios para mellorar a seguridade e o desenvolvemento das probas ciclistas na nosa comunidade defendendo o deporte base e federado.


Enlace con la noticia original: Reunión de traballo entre a DXT e a Federación galega

Mas noticias relacionadas