A FGA na Comisión Delegada da RFEA

Publicado por: F.G. Atletismo

Como xa informamos, este pasado luns, Raúl Chapado foi proclamado presidente reelecto da Real Federación Española de Atletismo ao non concurrir ningunha outra candidatura áos comicios electrorais.

Desde a Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín valoraba esta reelección “Alegrámonos da reeleción de Raúl Chapado xa que con elo os intereses do atletismo galego estarán garantidos e representados de maneira importante na sede da Federación Española”

Sanmartín, que trasladaba personalmente as felicitacións ao presidente, sinalaba que ” A nosa Federación conta na actualidade cun peso importante na toma de decisións xa que forma parte das cinco que compoñen a Comisión Delegada da RFEA.”

Lembramos que a Comisión Delegada da Asamblea Xeral, está composta por quince membros elexidos de entre os compoñentes da Asamblea Xeral na proporción dun tercio entre Presidentes de Federaciones Autonómicas, outro de Clubs e o tercio restante formado por 2 representantes de atletas, un de adestadores, un de xuíces e un doutros colectivos, reuníndose como mínimo, unha vez cada catro meses.

Para o dirixente do atletismo galego a continuidade de Chapado suporá tamén continuar “Cas excelentes relacións así como o importante clima de entendemento e mutua colaboración que se están dando entre entre ambos organismos” ofrecéndolle  “canta colaboración soliciten por parte desta federación” e desexándolle para este novo mandato “toda a sorte do mundo na toma de decisións”

O artigo A FGA na Comisión Delegada da RFEA publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A FGA na Comisión Delegada da RFEA

Mas noticias relacionadas