XA TEMOS AS IMAXES GAÑADORAS DO CARNAVALUCUS!!

Publicado por: Lucus Atletismo

carnavalucus_imaxesgaadoras.jpg
 
Fainos moitísima ilusión anunciar as cinco imaxes máis votadas deste primeiro CONCURSO CARNAVALUCUS co motivo do Entroido!! Logo de facer o reconto dos votos en todas as plataformas dixitais, aquí as tedes, as cinco que recibirán as TARXETAS REGALO DECATHLON valoradas en 100€, 20€ para cada unha das gañadoras. Seguide lendo!
Queremos agradecer aos nosos e nosas atletas da Escola que se animaran a participar e viviran o concurso con tanta ilusión, pois ao final ese era o obxectivo principal deste Concurso, desfrutar con eles/as. Tamén agradecer a participación e acollida por parte de todas as persoas que votaron e colaboraron no desenvolvemento desta iniciativa, sen elas non poderiamos anunciar as imaxes gañadoras. 

Para concluír, quédanos dar a noraboa ás imaxes gañadoras, así como a todas as que participaron cos seus disfraces máis orixinais, dando exemplo do seu inxenio, traballo e creatividade e deixándonos moi sorprendidos. Podedes consultar os resultados das votacións totais neste enlace.

SODES XENIAIS!! 
 

Enlace con la noticia original: XA TEMOS AS IMAXES GAÑADORAS DO CARNAVALUCUS!!

Mas noticias relacionadas