SD Orzán 0-0 UD Ourense: Sen gol non hai paraíso

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense non pasa do empate 0-0 na súa visita o Orzán. Boa imaxe das pupilas de Rubén García as que lles faltou o gol para facerse cos 3 puntos. Andrea e Loh deron o susto o retirarse lesionadas.

Chegaba o Ourense a terras coruñesas ca intención de sumar 3 puntos na cancha dun rival da parte baixa da táboa e que viña de sumar 1 só punto nos seus últimos 2 encontros. As vermellas non se confiaban e agardaban un rival complexo, que se pechase atrás e aproveitase as dimensións do terreo de xogo para facer o seu fútbol a contra e buscando sacar petróleo das xogadas de estratexia. Nada máis lonxe da realidade, pois as vermellas toparonse cun equipo moi repregado sobre a súa meta e que evitou as acometidas das nosas.

O encontro comezou con dominio das vermellas, que dende o comezo asediaron a meta rival. A primeira parte estivo marcada polas continuas chegadas, pero as imprecisións a hora de definir marcaron as diferenzas. Jani e Dana fixéronse con dono do coiro e xeraron moito perigo en asistencias as súas compañeirazs. Laura amosouse especialmente activa na faceta ofensiva e deixou moitos espacios para que Cris buscase os pases a espalda das zagueiras.

A primeira das ourensás estivo nas botas de Jani, que tentou abrir a lata cunha vaselina que se marchaba por riba da meta das coruñesas. Nerea tampouco aproveitou instantes despois un gran centro de Jani dende a banda. A xogadora vermella non acertaba a conectar o remate con todo a favor.

Co dominio total do encontro por parte das nosas, o Orzán ficaba repregado evitando calqueira achegamento de perigo. Aínda, así, antes do descanso Laura por dúas veces puido ver porta, pero o coiro marchou desviado en ambas ocasións da meta rival. Con 0-0 chegouse o descanso e ca retirada de Andrea do terreo de xogo tras un mareo.

Na reanudación, o partido foi perdendo en intensidade e gañando en perigo, aínda que os achegamentos se reduciron notoriamente co paso dos minutos. Loh tivo que abandoar o campo con molestias e Pacy entrou no seu lugar. As vermellas trataban de buscar a meta rival e topáronse ca protagonista da segunda metade, a cancerbeira local, que impediu a vitoria das nosas. Dana tivo a máis clara para as nosas, pero topouse ca gardamallas rival. O final empate nun encontro no que a pelota non quixo entrar na portería rival.

La entrada SD Orzán 0-0 UD Ourense: Sen gol non hai paraíso aparece primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: SD Orzán 0-0 UD Ourense: Sen gol non hai paraíso

Mas noticias relacionadas