Sanxenxo desvelou os detalles da segunda etapa da Volta a Galicia

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

O concelleiro de deportes de Sanxenxo, Jesús Sueiro e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, presentaron fronte á  Madama de  Silgar os pormenores da 2ª etapa da Volta Ciclista a Galicia 2018 que chegará ás Rías Baixas o vindeiro venres 21 de setembro. Sanxenxo estará ese día ocupado pola Volta co obxectivo, segundo os seus organizadores, de que veciños e afeccionados poidan achegarse e compartir a experiencia cos ciclistas.

O inicio da etapa darase á unha da tarde desde o Paseo de  Silgar case na confluencia coa Avenida Luís  Rocafort e tanto na saída como na chegada percorrerá diversas rúas do pobo, tanto no seu núcleo central como en  Portonovo. En apenas 20 quilómetros o pelotón volverá pasar por Sanxenxo para disputar a primeira meta volante do día. A segunda meta intermedia a terán en San Xoan de Poio, a 33 kilómetros da chegada.

O trazado da segunda etapa da Volta a Galicia consta de 148 quilómetros que discorrerán pola localidades de Vilalonga, Cambados, Vilagarcía,  Catoira, Caldas de Reis, Barro, Leiro,  Samieira e Sanxenxo onde os ciclistas deberán afrontar as ascensión aos altos de Carracedo (3ª categoría), O Busto (2ª categoría) e A  Escusa (1ª categoría).


Enlace con la noticia original: Sanxenxo desvelou os detalles da segunda etapa da Volta a Galicia

Mas noticias relacionadas