Todos os certames da FGC pasan a chamarse Copa Galicia e estrean logotipos

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Co obxectivo de unificar a imaxe corporativa das competicións da Federación Galega de Ciclismo (FGC), todos os circuítos puntuables adoptan este ano a denominación de Copa Galicia, ao igual que se viña facendo nas disciplinas de Ciclocross e Estrada. O antigo Open de Galicia pasa a chamarse Copa Galicia BTT.  Unha das novidades no deseño dos logotipos é a cor amarela da Copa Galicia de Estrada. 

Todas as probas puntuables deberán obrigatoriamente incluír na súa cartelería o logotipo oficial correspondente a cada disciplina na marxe superior e separado do resto dos logos de patrocinadores e colaboradores, facendo que destaque no cartel. Ademais, deberán incluír os distintivos da FGC, Xunta de Galicia e Deporte Galego. Durante as próximas semanas, a FGC enviará os logos os organizadores das competicións e publicará as probas puntuables de cada circuito.

Trofeo Federación

Neste 2018 o BTT estreará na modalidade de XCO un novo certame: o Trofeo Federación, que completará un amplio e atractivo calendario desta disciplina. 


Enlace con la noticia original: Todos os certames da FGC pasan a chamarse Copa Galicia e estrean logotipos

Mas noticias relacionadas