Veloso vence no prólogo e lidera a xeral do Trofeo Joaquim Agostinho

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

 

O galego Gustavo César Veloso (W52-FC Porto) adxudicouse este xoves o prólogo do Grande Prémio Internacional de Torres Vedras – Troféu Joaquim Agostinho, asumindo o liderato da xeral individual en Turcifal, Torres Vedras.

Nunha contra o reloxo de oito quilómetros cronometrados, o vilagarcián dos dragões foi o mais rápido, ao completar a distancia en 10.20 minutos, cinco segundos máis rápido que un compañeiro de equipo, Samuel Caldeira, e que o búlgaro Nikolay Mihaylov (Efapel), terceiro a 11. A novena posición ocupouna outro galego, Alejandro Marque (Sporting-Tavira) . 

Este venres, a primeira etapa en liña levará aos corredores de Ventosa a Sobral de Monte Agraço, un trazado de 156,8 quilómetros que inclúe un porto de montaña de terceira categoría, na Serra da Vila.

Fonte: Record

Foto: Lusa 


Enlace con la noticia original: Veloso vence no prólogo e lidera a xeral do Trofeo Joaquim Agostinho

Mas noticias relacionadas